Divulgación
La revolución incompleta: 100 años de física cuántica
A 8ª Semana da Ciencia do IGFAE tamén se achegará á música da man de Sumrrá, unha das bandas de jazz máis recoñecidas en Galicia, que este ano celebra o seu 25º aniversario.
O mércores 12 de novembro (20.00 horas, auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea), o grupo mergullarase na física cun concerto no que se estreará unha peza inédita inspirada na física cuántica. Trátase dunha iniciativa do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o propio IGFAE, co apoio do CGAC.
La revolución incompleta: 100 años de física cuántica
Con motivo de la celebración de los 100 años del nacimiento de «la teoría más útil y poderosa que han ideado los físicos» y que, supuestamente, «nadie entiende». Merece la pena dedicar un rato para tratar de entenderla.
Conferencia da física compostelá Antía Lamas Liñares
O acto central desta semana será a conferencia de Antía Lamas Liñares, física compostelá que actualmente é científica cuántica principal en Amazon Web Services, liderando o traballo de redes cuánticas nesta multinacional. Terá lugar o martes 11 de novembro ás 20.00 horas na Casa das Máquinas (Rúa das Galeras, s/n).
Na súa charla, A segunda revolución cuántica: o camiño dende a ciencia á enxeñaría, abordará as oportunidades que ofrece, 100 anos despois, o desenvolvemento da mecánica cuántica para producir novas tecnoloxías e produtos.
A Baralla Cuántica
A Casa das Máquinas (Rúa das Galeras, s/n) acollerá “A baralla cuántica«: percepción, información e realidade”. Nesta actividade, o investigador do IGFAE Javier Mas e o mago Kiko Pastur únense, coa axuda do ilusionismo, para representar a perplexidade e confusión que supuxo o desenvolvemento das teorías da mecánica cuántica sobre a nosa percepción e coñecemento.







